martes, 15 de abril de 2008

A Xuntanza progresa

Noutras entradas, xa vos falei deste tema, é dicir da Xuntanza de blogueiros. Pasou xa tempo dende a outra vez, e dende entón, xa avanzou moito. Decidíuse a data e concretáronse parte do programa así como o restaurante e as posibles actuacións.
O pasado domingo celebramos unha reunión á que asistimos os que en principio imos ser os organizadores do evento, é dicir os blogueiros da zona. Proximamente publicarei algunha foto. Nesta reunión decidiuse que a Xuntanza se celebrará o vindeiro 31 de maio en Agolada. Como adianto do programa só podo dicirvos que o acto comezará ás once e media da mañá, que contaremos con actuacións musicais variadas e que se rematará cunha ruta de sendeirismo por un lugar aínda por decidir.
En adiante farase público o programa enteiro pero polo de agora só podo ofrecervos isto, agardo que vos cadre ben a data.
Para leer máis sobre este tema visitade: www.blog-xuntanza.blogspot.com

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Que envidia me daís, que lo paseis bien. Un saludo desde catalunya.besos
anamorgana

d´Agolada dijo...

Se algún de vos sabe como se chama a flor do toxo, pídolle que mo diga, que mo preguntou Hadex na anterior entrada e, sinceramente non sei que responderlle.
O autor

HADEX dijo...

MOitas gracias pola invitación á xuntanza....pero é que teño serios problemas de tipo laboral....Xa lle dixen a Prometeo que nesa época teño que impartir un curso de Selectividade, precisamente os sábados, e vaime ser imposible asistir. Pero outra vez será. Seguro. Bicos.

Bea dijo...

e eu non podo ir... bicos!!!

Anónimo dijo...

no entiendo nada!!!!!!!!!!!!!!!!
jajajja
de todas maneras queria agradecer tu visita y tus comentarios, siempre serás bienvenido!
un abrazo

Ana dijo...

Alegrome que todo este avanzando,mais non me gusta nada que as blogueras que empezaran coa xuntanza non queiran ir.
Penso que algo non funciona...

Bicos

Suso Lista dijo...

A flor do toxo, por aquí chámase Chrima, pero tamén hai quen lle dí Xorima

nestor dijo...

Hola....me alegro que todo vaya saliendo bien. La importancia de encontrarse, conocerse, debatir y finalizar la jornada positivamente es un paso que, sin duda, ayudará a otros que en el futuro se integrarán a xustanza. adelante amigos un saludo muy cariñoso a la distancia.

Unknown dijo...

Como dí Suso, a flor do toxo chámase pola banda de Terra de Montes chorima ou alecrín. Chorima é máis linda e máis empregada que a segunda.

d'Agolada, hai que ler máis!!

Beijos

Anónimo dijo...

Moi boa idea o da xuntanza, aínda que os que temos ataduras familiares o teñamos difícil para asistir.
Unha aperta.

d´Agolada dijo...

Grazas polos vosos comentarios e por responder á pregunta sobre a flor do toxo, dende logo, quédame gravado para sempre o nome, que teño que recoñecer que non me soaba de nada.
O autor

CriS dijo...

Hola, que envidia pero que no podré acudir esta vez...
Voy viendo tus comentarios, gracias. Oye usa el título del post que pensabas poner, claro que si...
BICOS