sábado, 8 de marzo de 2008

En campaña electoral

Este domingo celébranse por fin as eleccións. Nesta ocasión os efectos da campaña electoral chegaron tamén a vila d´Agolada. Primeiro empapelaron as portas e puxeron taboleiros con fotos dos candidatos, despois continuaron coas farolas e seguiron cos coches dos altavoces que se pasean cada pouco tempo lembrándonos que votemos a Zapatero ou a Rajoy ( o BNG desta vez está bastante caladiño) e xa para rematar, as cartas con publicidade que saturan os nosos buzóns e nos tolean a cabeza. Non sei o que pasará o domingo, pero pase o que pase deberíamos pensar nunha cousa, ou mellor dito en varias que se resumen nunha: é necesario tanto gasto en publicidade cada vez que se celebran eleccións ? É dicir, merece a pena desperdiciar millóns e millóns de euros en poñer carteis e carteis, en celebrar mítines multitudinarios... e iso por non meterme xa na presunta compra de votos que os partidos están a practicar en sudamérica... é que acaso o fin xustifica os medios.

5 comentarios:

Unknown dijo...

Os euros dubidú, vaia... pero o papel... iso si é intolerable!

Cantas toneladas de papel se gastan, Deus!

Que as urnas repartan sorte...

Raquel Sabino Pereira dijo...

Gracias pela visita, David!
O teu blog também é muito interessante!

Fada Branca dijo...

Segue así co blogue, estache a quedar xenial

Fini Calviño dijo...

Hola es un placer encontrar un blog como el tuyo, mis padres y toda mi familia son del ayto. de Agolada... saludos

Anónimo dijo...

O berce da Democracia é a Grecia clasica, despois asolada e conquistada polo poder das armas-cartos, dos Romanos....como podes ver, nada novo.
De calquera xeito non ai sistema mellor, o poder emana do pobo, é son os votos os que deciden, o que ocurre é que o sistema ten fallos alamentables, porque a forza dos votos, da a maioria para fecer o que lles peta...
No senado Grego, o pobo podia opinar libremente, e mais dun senador acabou a sua vida, nunha bañeira, cas venas cortadas, por no enfrentarse a un xuizo popular....