miércoles, 13 de febrero de 2008

Rematou o Inverno?

Estes días de febreiro, un só tema monopoliza as nosas conversas, o tempo, ou mellor dito o bo tempo. Estamos en pleno inverno, nun dos meses máis fríos, en tempada de choivas e neves e sen embargo aquí en Agolada case non vimos chover, como anécdota contareivos que o pasado domingo no telexornal de Antena3 puxeron unha reportaxe sobre a seca na que aparecía o encoro de Portodemouros ( unha parte pertence ó noso concello ) medio baleiro, e que hoxe na previsión do tempo podíase ver que chovía ou estaba nubrado en toda España menos na nosa comunidade, de neve nin oimos falar e en canto ó frio xa andamos máis preto da camiseta curta que da chaqueta. Será cousa dun ano excepcionalmente cálido? ou do cambio climático? Dende logo como sigamos así moito máis, en vez do ``país dos mil ríos´´ imos acabar converténdonos noutra Andalucía ou nalgo peor.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O tempo sempre é un socorrido tema de conversa; pero este inverno -tes razón- está sendo ben atípico no noso país.
Eu son optimista e confio en que a natureza saberá sobrepoñerse.

(Acabo de subir un comentario ao meu blog, que vos adico a todos os blogueiros de Agolada, en especial aos dous que máis recentemente atopei: ti e Daniel)

Unha aperta dende Antas

Lapis-vermello dijo...

Si este ano estamos... Non sei onde acabaremos. Ahh antes de que se me olvide tes unha ligazón no meu blog. Bicos

busto.agolada dijo...

David, xa vexo como prosperas nesta empresa do blog. Ánimo e a facer país. Noraboa. E saúdos. Tamén tes ligazón no Aquam Latam.

Fada Branca dijo...

Haber se fas mais visitiñas e deixas mais comentarios noutros blogues, así o teu será mais coñecido e despegara. Consello de Fada. Bicos

Fada Branca dijo...

Xa tes un regaliño no meu blogue, se publiquei algo maís cando ti o visites, busca. Espero que che guste. Bicos

Anónimo dijo...

O tempo é un espazo
o tempo non existe
o tempo perdese, malgastamolo, e cando no o temos añoramos os mellores tempos do pasado.
O tempo e cada momento vivido
O temnpo fuxido, tempo escapado, tempo perdido.
Estamos no tempo de non ter tempo
ni sequera alguns teñen tempo para morrer.
O espazo, o tempo atrpado no reloxio. Non esquezas DAvid, que o tempo non existe, o facemos nos en cada momento-

Anónimo dijo...

moi bonito o blog e moi interesante