sábado, 9 de febrero de 2008

Abandono



Abandono, iso é o que cada día invade e invade as rúas d´Agolada, abandono e despoboamento. Cada día que pasa, os nosos edificios, as nosas rúas, os nosos fogares están en peor estado e amosando unha situación máis que deprimente sen que ninguén faga nada por evitalo. As casas quedan baleiras e murchas mentres que a xente vai morrendo ou marchando ás cidades. Pero eso si, atopar unha vivenda en aluguer non é sinxelo, destas casas baleiras moi poucas están en venda, nas grandes cidades non paran de construírse pisos a prezos astronómicos... e o peor: ¡Os nosos ``gobernantes´´ non fan nada por evitalo! A continuación déixovos unhas imaxes d´Agolada para que xulguedes por vós mesmos.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O tempo fuxe, pero a vida queda. Sabes? Estiven un anaco mirando as duas fotos que amosas e nelas vin xente facendo esa casa, carpinteiros construindo ese hórreo (non te me preocupes, que hoxe non bebín á cea).
Ainda que se vexan decrépitas, hai vida nelas.
Á que ti tamén a ves?.

Unha aperta

Fada Branca dijo...

Hola, eu non se se din feito pero creo que non gravei o comentaria que che fixen así que aquí me tes, Xa sabes, segue visitandome, e esa cabeceira está en marcha para ti bicos

Anónimo dijo...

Nela vivian dende faacia ben de anos, unha familia. Nas orixes, sei que chegaran dende mais ala do Cebreiro. Durante un tempo traballaron a reo, aqui, ala, e foronse ganando a amizade e confianza das boas xentes da aldea, que ao principio acolleronlos con descofianza. Co paso dos anos, a familia foi aumntando ca chegado de catro fillos mais, e algun outro que quedara no camiño por mor das febres de malta.
OS tempos eran malos, o campo ruin, e o traballo ingrato, eran dias de fame, e malos humores.Asi foi como un mal dia o pai escoitara falar na taberna do manco, como mais a alà, dos mares, a xente ia e nun par de anos faciase con cartos dabondo para non ter que pasar fame nunca mais, nin os fillos............
Quizais, a historia desta casa foi como a de outros moitos que tiveron que emigrar.....Quen sabe, de calquer xeito os sonos, sonos son; a vida é un mal sono, un pesadelo, de as veces paga a pena vivir.....
Por soposto que como din Chousa da alcandra as pedras viven, o marmurio das voces, esan ainda, e para sempre ai, as imaxes daquela familia, seguiran no recordos de todos, mentras alguen puida seguir escribindo e contando a súa lenda, a sua historia, as súas penas e alegrias......Non o esquezas.